O 4 de febreiro damos comezo a un novo curso de PER, o primeiro tras o cambio de normativa. Este novo plan simplifica o exame, que terá menos preguntas, e supón un aumento das atribucións de navegación que acredita o título. O programa é o seguinte:

CURSO DE PER  (Patrón de Embarcacións de Recreo) SEMIPRESENCIAL NO MULTIUSOS FONTES DO SAR (SANTIAGO) NO 1º TRIMESTRE 2015.

  • Modalidade: mixta semipresencial. 8 clases presenciais + curso “on line”.
  • Atribucións: manexo de embarcacións de ata 15 metros de eslora ata 12 millas da costa.
  • Presentación: mércores 4 de febreiro ás 20.15 horas.
  • Clases presenciais: 8 clases os mércores de 20:15 a 22:15; do 11 de febreiro ao 1 de abril.
  • Lugar: Aula Náutica do Multiusos Fontes do Sar (Santiago).
  • Exame extraordinariomércores 8 de abril na Escola Náutico Pesqueira de Ribeira.
  • Prezos: 280 € abonados ao Multiusos ou ao Complexo Deportivo Santa Isabel e 310 € non abonados (IVE e material de estudo incluídos).
  • Prácticas oficiais: antes ou despois do exame, a conveniencia cos alumnos, con condicións e prezos especiais.
  • Inscrición: enviar un correo electrónico a info@nauticapopular.com cos datos persoais, teléfono de contacto e nº de abonado, de ser o caso.

Máis información en www.nauticapopular.com  ou en www.multiusos.net.  Teléfono: 616217619 (Pedro Puialto).

Compartir en