Noraboa a todos!!!.  Fixemos pleno pois aprováchedes todos,  tanto os de PNB como os de PER.  Agora vos chamarán para facer as prácticas os que todavía nos as fixeches,  ata que vos coincidan ben as datas.  Como sabedes, as de radio farémolas na mesma aula do Multiusos o sábado 27 de abril a partires das 10 da mañá.  Os do PNB só pola mañá e os de PER tamén un ratiño pola tarde.  Ao facelas vos darán unha folla de solicitude da tarxeta e un impreso de taxas que tedes que pagar no banco como fixéchedes coas de solicitude de participación no exame.  Con iso, os certificados de prácticas, unha foto e un sicotécnico parecido ao do carnet de conducir, xa podedes solicitar a tarxeta presentando todo no rexistro da Xunta. Cando estea vola mandarán a casa.  Para o sicotécnico podedes ir ao sicotécnico San Cristóbal, en Xeneral Pardiñas 17,  pois fan un prezo especial aos nosos alumnos.  Tedes que levar unha foto.

Por si coñecedes a algún interesado, faremos un curso especial de verán que se presentará o mércores 29 de mayo para ir ao exame extraordinario de principios de xullo (toda a info na nosa web).  Outra vez noraboa a todos e quedamos a vosa disposición a partir do 21 de abril pois estos días estaremos ausentes.  Sodes uns craks!!!

Compartir en